OPOS Galicia 2018.


Ver o novo sistema de Oposicións


O Conselleiro de Educación acaba de anunciar no Parlamento de Galicia a convocatoria de oposicións en 8 especialidades do corpo de mestres, 15 de secundaria, 7 de Formación Profesional.



Tamén se convocará acesso a cátedras de Música e Artes Escénicas, prazas de paso do subgrupo A1 ao subgrupo A1 e do subgrupo A2 ao subgrupo A1. Non se coñecen de momento as especialidades concretas.

Segundo anunciaron a distribución por corpos e especialidades sería a seguinte:

1. MESTRES: Educación Infantil, Inglés, Francés, Educación Física, Música, Pedagoxía Terapéutica, Audición e Linguaxe e Educación Primaria

2. SECUNDARIA: Lingua castelá e Literatura, Xeografía e Historia, Matemáticas, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Orientación Educativa, Tecnoloxía, Lingua galega e Literatura, Intervención sociocomunitaria, Organización e xestión comercial, Organización e proxectos de sistemas enerxéticos, Procesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicos, Procesos Sanitarios e Sistemas electrotécnicos e automáticos

3. PTFP: Estética, Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos, Operacións de produción agraria, Procedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésico, Procedementos sanitarios e asistencias, Procesos comerciais e Servizos de restauración.

4. Acceso a Corpo de catedráticos de música e artes escénicas.

5. Promoción interna de funcionarios de secundaria A1 ao corpo de profesores de Escola Oficial de Idiomas (na especialidade inglés)

6. Promoción interna de funcionarios de A2 a A1.

En Ourense, a 27 de outubro de 2017
ANPE, Sindicato Independiente.

Campus Auriensis
Calendario Escolar