COMUNICADO DE ANPE OURENSE

 

ANPE solicita á Conselleria de Educación que poña inmediatamente os medios precisos para acabar coa discriminación do profesorado galego nos Concursos de Traslados.

 

Ante o desconcerto provocado no profesorado por distintas sentencias contraditorias do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, e ante a discriminación que seguen a padecer os funcionarios de carreira docentes galegos respecto ós do resto do Estado, o seren os únicos privados do Concurso de Traslados Nacional pola xudicialización do mesmo, ANPE Ourense quere comunicar ao profesorado da nosa provincia que, no día de onte, no seo do máximo Órgano Autonómico, ANPE tomou os seguintes acordos por unanimidade:

1.- Solicitar a Consellería de Educación da Xunta de Galicia que presente un recurso de unificación de sentencias ante o Supremo (por ser la única facultada para facelo), que poña fin a esta situación na que a aplicación dunhas sentenzas contradí a execución doutra ou outras, xa que aínda quedan sete por ditar.

2.- Manifestar a Consellería de Educación e a Comunidade Educativa en xeral, que ANPE non vai a aceptar que a execución de Sentenza/s que afecten ou podan afectar a rebaremación de apartado/s do baremo non sexan estendidas a todo o profesorado participante. De darse este caso, ANPE poñerá a disposición do profesorado que o requira os seus servizos xurídicos para denunciar a administración e solicitar a extensión de sentencia a tódolos profesores.


3.- Ante a gravísima discriminación, a primeira vez que ocorre en democracia, que están a padecer os docentes galegos o seren os únicos do Estado privados de poder participar no concurso de traslados nacional a prazas da súa propia Comunidade, ANPE esixe que a Consellería de Educación convoque un Concurso de Traslados Anual no mes de xuño con tódalas vacantes previstas para o curso 2015/16 e ás que podan acceder tódolos funcionarios de carreira que o desexen.

ANPE Ourense, que se opuxo con tódolos seus medios o baremo unilateral da Consellería dende o primeiro momento que tivo coñecemento do mesmo, quere amosar o seu agradecemento polas numerosísimas mostras de afecto e apoio recibidas dos compañeiros e compañeiras docentes concretadas moitas delas en altas de afiliación. Así mesmo, queremos deixar constancia da satisfacción plena da Delegación Ourensán de ANPE o ver aprobados por unanimidade no Comité Executivo Autonómico os presentes acordos.

Secretaría de Comunicación.
ANPE, Sindicato Independiente.
Xoves, 26 de febreiro de 2015.

Campus Auriensis
Calendario Escolar