DESCONTOS EN BAIXAS POR INCAPACIDADE TEMPORAL: Cadro resumen da aplicación das intruccións da Dirección Xeral da Función Pública da Xunta de Galicia.

ANPE Ourense, 14 de setembro de 2012.

     - Instrucións para a regulación dos complementos de Incapacidade Temporal debido a continxencias profesionais e común, e nas situación de maternidade, paternidade, embarazo, risco no embarazo e risco na lactancia natural.

     - A recaída será una continuación da incapacidade temporal de que se procede, aplicándoselle o mesmo réxime que a incapacidade de orixe.

     - As ausencias por enfermidades sen baixa médica, esixirase xustificación médica dende o momento en que se produza a ausencia.

 

INCAPACIDADE POR CONTINXENCIAS PROFESIONAIS

Aboarase un complemento at acadar o 100% das retribucións, dende a data de inicio ata a finalización da incapacidade.

 

SITUACIÓNS DE INCAPACIDADE POR CONTINXENCIAS COMÚNS

Días

Percepcións retribucións

1º ao 3º día

50% (1ª baixa no ano natural)
40% (2ª baixa no ano natural)
0% (3ª e posteriores baixas)

4º ao 20º

75%

21º ao 90º

100%

91º en diante

Subsidio establecido en cada réxime especial dacordo coa normativa. Consellería
retribuccións básicas e
 MUFACE o subsidio

 

 

COMPLEMENTO INCAPACIDADE DO 100%

Hospitalización
Hospitalización a domicilio
Hospitalización servizo  urxencias  máis  7 horas
Intervención cirúrxica con internamento
Intervención cirúrxica maior ambulatoria
Ciruxía menor ambulatoria
Intervencións médicas invasivas
Tratamentos oncolóxicos
Embarazo
Permisos de parto, adopción, acollemento
Paternidade
Risco no embarazo
Risco na lactancia natural

Descargar en formato pdf

Secretaria de Comunicación.
ANPE, Sindicato Independiente.
Venres, 14 de setembro de 2012.

Campus Auriensis
Calendario Escolar