Licencias e Permisos
Editoriais
Correo Web
Congresos ANPE
Eleccións Técnicos e Administrativos
Asesoría Xurídica de ANPE Ourense

Anpe Ourense
Rúa do Progreso 83, 1º D 32002-Ourense
Tfno: 988-255852 Fax:988-391843
Email: ourense@anpe.es
Horario:
Mércores de 17:30 a 19:30 (previa cita)

Seguro de defensa xurídica do profesorado.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de completar, coa ASISTENCIA XURÍDICA AO PROFESORADO, o compromiso adquirido publicamente polo Presidente da Xunta de Galicia no Homenaxe ao Docente organizado por ANPE Ourense en outubro do ano 2010. Leer máis >>

Toda a información sobre este convenio podes consultala nesta páxina.

Asistencia xurídica do profesorado

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición dun seguro de asistencia xurídica, dirixida ao colectivo de docentes de ensino non universitario no ámbito da súa actividade profesional e que se atopen en situación de activo.

Este seguro terá por obxecto garantir os custos en que poida incorrer o colectivo de profesorado de ensino non universitario adscritos aos centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria por reclamacións contra terceiros, xudiciais ou extraxudiciais, a consecuencia de danos e prexuízos corporais e danos e prexuízos materiais a obxectos, prendas e/ou vehículos que sexan propiedade dos asegurados por feitos alleos á circulación, causados por imprudencia ou dolosamente, así como a consecuencia de danos e prexuízos derivados de accións constitutivas de ameaza, coacción, inxuria, calumnia e outros ilícitos penais, de que puidesen ser obxecto o profesorado no desenvolvemento das súas funcións profesionais.

Así mesmo, comprenderá os gastos da defensa penal do asegurado nos procesos que se sigan contra el por imprudencia, impericia ou neglixencia por feitos derivados da súa actividade profesional.

Campus Auriensis
Calendario Escolar 17/18
Catalogo Centros
7 de Julio de 2010